O AMIJO DA PELUQUERA

O AMIJO DA PELUQUERA é o alter-ego agro-musical de Marcos Escudero.

Quen fora guitarrista e compositor dos Enemijos do Barbeiro, decidiu dar unha volta máis coa guitarra de pau, para rescatar algunhas daquelas vellas cancións coñecidas polo noso público, outras non tan coñecidas que non chegamos a grabar e como non, outras novas adaptadas a estes tempos.


Despois dun par de actuacións intimas (Juas!) decidiu grabar un "seica-disc" a finais de 2016.

ANTES DE QUE ME CAIA O PELO, recolle cinco temas:

- A mítica "Rio Podre".
- Juau Juau, a historia do Casildo, que non se chegou a tocar na primeira etapa dos Enemijos do Barbeiro por moi pouco.
- O Bidón, que aínda sonou algo na segunda etapa dos Enemijos do Barbeiro.
- Bótalle os cornos ao sol, canción nova que tamén se inspira nun poema da nosa María Magdalena (Tentei darlle mel aos burros).
-Antes de que me caia o Pelo. Canción nova e que lle da título ao "seica disc".

Na páxina principal deste blog iranse publicando as novidades, concertos e outras cousas que vaia facendo por aí.


Concerto no Vagalume

viernes, 3 de septiembre de 2021

A RENTE! o 2º "seica-disc" do AMIJO DA PELUQUERA




A RENTE! é o título do segundo "seica-disc" do Amijo da Peluquera publicado en agosto de 2021.
Foi grabado durante este ano "da tolemia", no estudio do gran Iván Fornos, no Barrio do Castro, Parroquia de Mós e dentro hai 11 cantigas (8 novas e 3 que xa estaban no anterior "Antes de que me caia o pelo").
Agardamos facer lojo a presentación oficial (comunicaremos onde e cando) e que vos preste todo o contido do "seica-disc", tanto as cantigas coma os debuxos e fotos que ilustran este novo traballo dun cantautónomo do rural.
E como primicia mundial publicamos aquí a portada, un fotón de Miguel Ángel Escudero Lago sobre a maqueta dunha escultura de Marcos Escudero Escultor  .
Unha imaxe vale máis ca mil palabras!
Coidado!
Este "seica-disc" corta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario