viernes, 14 de agosto de 2015

O AMIJO DA PELUQUERA NA XIV FESTA DA PREHISTORIA


* Esta entrada foi publicada inicialmente o 6 de agosto de 2015



               O Amijo da Peluquera presenta un adianto do que será o seu novo traballo discográfico. Será o vindeiro sábado, 8 de agosto, dentro da programación da XIV edición da Festa da Prehistoria. Nesta ocasión ofrecerá un mini-concerto no que interpretará versións dalgúns dos temas dos Enemijos do Barbeiro adaptadas para ser tocadas con guitarra acústica pero tamén novas cancións do que será o seu primeiro traballo en solitario.
Entrevistamos ao seu manager, Marcos Escudero, mentres lle cortamos un pouco as puntas.

A Peluquera: ¿Como é que volvedes á música?
Marcos Escudero: Pois de casualidade, como case todo nesta vida. Xurdiu despois de facer un par de video-clips de animación para uns discos de música infantil. Despois desa experiencia apeteceume facer un video-clip con máis liberdade, máis personal, no que escollera eu o tema, e… pensando, pensando… deime conta de que tiña que ter unha canción, así que chamei ao meu alter-ego O Amijo da Peluquera para pedirlle unha.

A Peluquera: ¿Como que para pedirlle unha canción…?
Marcos Escudero: Si, eu sabía que el tiña varios temas que me molaban e… como hai confianza… sabía que non ía ter problemas cos permisos, dereitos de autor,… e todas esas cousas. Digamos que todo quedaba na casa.

A Peluquera: Entón o video-clip, como quedou?. Que canción era?
Marcos Escudero: O video-clip aínda non está rematado. Fáltalle bastante. O caso é que entramos no estudo para gravar esa canción baixo a producción de Iván Fornos e… gravamos dúas!!! Despois, como vimos que a cousa podía mellorar, démoslle un par de voltas a esas cancións e nesas voltas fixemos un par de temas novos. Tamén collemos algún dos temas que tocábamos cos “Enemijos do Barbeiro” e adaptámolos para tocar con acústica, en plan cantautor. E así, pouco a pouco, xuntamos material para unha maqueta que será coma un minidisco.

A Peluquera: Ai!!! Pois eu quero unha copia. Como se chama o minidisco ese?
Marcos Escudero: Aínda non está listo. Gravar cinco cancións non era o obxectivo inicial pero agora xa o temos claro. Vaise chamar “Antes de que me caia o pelo” e vai ter cinco cancións máis o video-clip. A ver se o temos listo para finais deste ano ou principios do que ven,…Ti tranquila, que ti serás a primeira en ter unha copia.



A Peluquera: ¿E como é que vas tocar ti na festa da Prehistoria, sendo presidente da asociación organizadora, manager e tamén o propio artísta? 
Marcos Escudero: Pois mira, vou tocar tres razóns; por necesidade, por solidaridade e tamén por que me apetece. Sigo sendo un Enemijo do Barbeiro e non me gustan nada os recortes que está sufrindo esta festa dende o ano 2011. O Concello cortoulle a subvención máis importante que tiña e a Comunidade de Montes tamén sacou as tixeiras. En xeral, fíxose máis dificil optar a outras axudas. Nun principio pensamos que era pola crise económica pero pasados varios anos fomos vendo que a crise é política, hai mala fe no trato que recibe a asociación organizadora e Mós está perdendo unha celebración que foi pioneira en todo o estado e un referente nas festas de recreación histórica por falta de apoio institucional.
Poderíamos dicir que este vai ser un miniconcerto de protesta e solidario contra os recortes que esta sufrindo a “Festa da Prehistoria” e ademais servirá para ver se o Amijo da Peluquera está en forma, se as cancións funcionan e se o pasamos ben enriba dun escenario. Todo isto para quentar a medianoite e dar paso ao verdadeiro concerto da noite, o dúo Blues do País”, que serán os que pechen a noite prehistórica.

A Peluquera: Bueno que,... como te ves?... Váleche así?
Marcos Escudero: Vale, vale… non me cortes máis.

Peluquera: Bueno, pois eu  irei a verte, claro! O sábado ¿non?
Marcos Escudero: Si, si,.. o día 8 de agosto no parque da Penacova de Mós. Aínda que tamén podes ir o día 7, que hai un observatorio de astronomía. Así poderemos ver xuntos as estrelas.

Peluquera: anda, anda,... que te vexo vir. Ji, Ji, Ji,



Podes ver aljo máis pinchando aquí