lunes, 13 de diciembre de 2021

O Amijo da Peluquera na Terra da Chispa (27-11-2021, concerto en O'Renque)

O pasado día 27 de novembro o Amijo da Peluquera estivo na Terra da Chispa (Ourense).

Foi unha ocasión "caralluda" para afiar as tixeiras despois de todo este tempo de inactividade obrigatoria causada pola "tolemia". Ben acollido por David Conde Seoane e todo o personal de O'Renque este concerto serviu para poñer a maquinaria a punto para a presentación "oficial" do segundo "seica-disc" A RENTE!, que será próximamente nalgún lugar de Mós.

Poñemos aquí o cartelazo que nos fixeron para a ocasión e unhas fotiños da actuación de O'Renque.. 

Estade atentos ás rrss porque pronto anunciaremos o día da presentación oficial en Mós.






viernes, 3 de septiembre de 2021

A RENTE! o 2º "seica-disc" do AMIJO DA PELUQUERA



A RENTE! é o título do segundo "seica-disc" do Amijo da Peluquera publicado en agosto de 2021.

Foi grabado durante este ano "da tolemia", no estudio do gran Iván Fornos, no Barrio do Castro, Parroquia de Mós e dentro hai 11 cantigas (8 novas e 3 que xa estaban no anterior "Antes de que me caia o pelo").

Agardamos facer lojo a presentación oficial (comunicaremos onde e cando) e que vos preste todo o contido do "seica-disc", tanto as cantigas coma os debuxos e fotos que ilustran este novo traballo dun cantautónomo do rural.

E como primicia mundial publicamos aquí a portada, un fotón de Miguel Ángel Escudero Lago sobre a maqueta dunha escultura de Marcos Escudero Escultor  .

Unha imaxe vale máis ca mil palabras!

Coidado!
Este "seica-disc" corta!