martes, 4 de octubre de 2016

Así foi o concerto presentación do SEICA-DISC do AMIJO DA PELUQUERA.


Crónica da Presentación mundial do SEICA-DISC do Amijo da Peluquera o
23 de setembro de 2016 no disco-bar TIPO TIPO

O AMIJO DA PELUQUERA
no concerto de presentación do SEICA-DISC "Antes de que me caia o pelo".


O TIPO-TIPO converteuse nunha peluquería e o primeiro en entrar foi o Marco Pombo (o mago de Torroso) que non viña a cortar o pelo precisamente, senóna ofrecerlle á peluquera uns produtos novedosos.

Despois, entrou outro cliente disposto a que lle "tomaran o pelo". Era José Luis “o Rinchus” que pudo probar unha bata de peluquería que era máxica.


JUAS!!! Aínda botamos unas risas co "Rinchus" e o Mago Marco. Moitas grazas aos dous.




E xa a peluquera se estaba a preguntar se o "Amijo" se arrepentira de coller vez no TIPO TIPO cando apareceu este tipo cunhas tixeiras atravesándolle o cráneo.


Ver o TIPO TIPO cheo de "cornos arriba"...  foi a ostia! JUAS!!!


E é que...Pa bailar un Rock'n'Roll hai que facer coma o caracol,... BÓTALLE OS CORNOS AO SOL.


Había que ter coidado porque a "pelu" tamén... escornaba.


E tamén subiu ata a peluquería Iván Fornos (responsable da grabación do "SEICA-DISC") para cortar uns punteos no "Río Podre".

Moitas graczas a todos os que se achegaron á peluquería esa noite.
Lamentamos non poder cortarvos o pelo a todos pero....

Xa haberá tempo noutra ocasión. Iso si,... ide pedindo ves!

Vémonos noutra! lembrando vellos tempos e os que quedan por vir.

E  para iso estaba esta caricatura dos "ENEMIJOS DO BARBEIRO" cando tocaron por primeira vez no TIPO TIPO.