domingo, 5 de mayo de 2019

concerto no VAGALUME (Salvaterra)

E así foi como o AMIJO DA PELUQUERA foi a un concerto patrocinado por unha barbería ...;) Juas!
E resulta que o barbeiro era de Pereiras. Hector, que ademais é propietario do VAGALUME Cafe-Concerto. Mira ti onde imos coñecer aos veciños.



                   

Tamén estaba por alí o barbeiro do Alto dos Valos (canta tixeira xunta... cousas veredes...).
E coreando tódalas cancións, Nando maila súa compañeira, os cabeciñas pensantes de A RAS DA KONA.

Que ben os pasamos! 


Ben... Pois aquí deixo uns videos e unhas fotiños.

Un anaco de JUAU! JUAU!



Fin de concerto con RÍO PODRE.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario